Castelao. Constructor da nación Tomo II
Security policy (edit with Customer reassurance module)
Delivery policy (edit with Customer reassurance module)
Return policy (edit with Customer reassurance module)
II TOMO GRANDES BIOGRAFÍAS DE CASTELAO O meniño rianxeiro, o rapaz emigrante e retornado, o debuxante e o pintor autodidacta, o médico entregado, o ilustrador que se vale dos debuxos de humor para concienciar os galegos, o funcionario, o profesor de debuxo, o membro das Irmandades da Fala, o escritor e artista. Velaquí o segundo volume dunha biografía monumental, concibida por Miguel Anxo Seixas case coma un diario da vida cotiá de Castelao cos fitos da súa cronoloxía persoal e pública, desta volta durante os anos da Segunda República e a Guerra Civil. Labor de toda unha vida dedicada á investigación, á recollida de datos e documentación, o autor desta crónica da vida de Castelao deita no papel a súa paixón pola busca do pormenor significativo, o seu rigor na comprobación e e descuberta de aspectos ignorados ou esquecidos, o gusto por rexistrar os pasos e a obra de quen foi unha das personalidades fundamentais na construción da nación galega.