
Security policy (edit with Customer reassurance module)
Delivery policy (edit with Customer reassurance module)
Return policy (edit with Customer reassurance module)
Palabras desatadas, palabras dadas coma beixos, palabras atadas que nos fican dentro, palabras torcidas, palabras de conformidade, palabras sen esquinas, palabras desfeitas, palabras definitivas, palabras insultantes…
Todas estas e máis, conforman este volume da Poesía inédita e dispersa de Luísa Villalta, que pecha o fresco poliédrico dunha poeta que converte o seu proceso creativo nun constante madurar, onde, devagar, nas súas pólas agroman, cal froitos, a música e as palabras.