De benposta a Lamaboa
  • De benposta a Lamaboa

De benposta a Lamaboa

21,95 €
Impuestos incluidos
Paco Castro Alvaredo
Cantidad
Últimas unidades en stock

 

Security policy (edit with Customer reassurance module)

 

Delivery policy (edit with Customer reassurance module)

 

Return policy (edit with Customer reassurance module)

Manuel ,nunha viaxe bidireccional , camiña simultaneamente ao pasado e ao futuro , recuperando a memoria que necesita para construír a esperanza . As quince personaxes que se reúnen en " Casa Filomena" para reflexionar sobre a súa experiencia vital e común , son tamén unha referencia simbólica ao grupo dos quince que , co cura Jésus Cesar Silva Méndez , fundaron Benposta.

Paco Castro ofrécenos unha recreación que , ademais de constituir un particular "Poema Pedagóxico" da experiencia benposteña , a partir dela extrae as ideas e as referencias necesarias para construír o novo proxecto de Lamaboa .

A dobre viaxe que Manuel fai contándolle a Luana e a súa filla : a lembranza do pasado e a esperanza do futuro. Unha lembranza pausada daquela viaxe que os límites da vida e o amor impulsaron . A grave enfermidade de Flora , En vez de fundilos na derrota impúlsaos a facer unha reflexión crítica e contruír unha proposta educativa global.

Unha novela , recreación , ensaio. Experimento que ven ser historia de transmisión , porque a vida é unha sucesión de veces . Manuel chega e recibe a súa homenaxe, mais Lamaboa non é un lugar de destino senón un camiño , daquela pon no horizonte chegar á orixe do rio Mao , ofrecéndonos con iso outra metáfora da vida . Pois é posible que a vida non sexa máis ca iso , unha viaxe ás orixes .

9788484875451
1 Artículo
Comentarios (0)
No hay reseñas de clientes en este momento.