O rosario e a buguina
  • O rosario e a buguina

O rosario e a buguina

16,70 €
Impuestos incluidos
Xosé Ricardo Losada
Cantidad
Últimas unidades en stock

 

Security policy (edit with Customer reassurance module)

 

Delivery policy (edit with Customer reassurance module)

 

Return policy (edit with Customer reassurance module)

Premio Torrente Ballester 2020

Enfermo de tuberculose, o poeta Manoel Antonio pasa os últimos días de vida na súa casa de Asados, coa única compañía da nai, dona Pura. A morte preséntase cedo e con ela o conflito de recibir a extrema unción, que é o desexo da nai, pero o fillo négase. El tamén ten unha petición: que dona Pura consinta que lle lea o primeiro e o derradeiro poema de De catro a catro, estrofa a estrofa, para que el poida explicarlle, non ese libro, senón o sentido último da súa vida e a necesidade obsesiva de ser poeta.

O rosario e a buguina novela a relación entre eles, baseada ata entón nos silencios e nas carencias afectivas, que deberán superar a pesar das súas antagónicas concepcións do mundo. A ideoloxía conservadora da nai fronte ás ideas revolucionarias do fillo, a moral cristiá en contraposición a unha vida disipada e inmatura e, por riba de todo, o amor que se profesan aínda que lles custe demostralo.

Unha historia profunda, onde se mesturan os sentimentos a través das dúas voces protagonistas do relato que se enfrontan á morte de maneiras moi distintas.

Galaxia
9788491517283
1 Artículo
Comentarios (0)
No hay reseñas de clientes en este momento.