7 herbas máxicas
  • 7 herbas máxicas

7 herbas máxicas

22,90 €
Impuestos incluidos
Bermúdez, Rosalía
Cantidad
Últimas unidades en stock

 

Security policy (edit with Customer reassurance module)

 

Delivery policy (edit with Customer reassurance module)

 

Return policy (edit with Customer reassurance module)

Se es amigo das herbas, dos debuxos, se che gusta o estilo de vida saudable, coidarte de maneira natural, se estás preocupado polo medio natural e pola redución dos plásticos, se che encanta o DIY, e vives tanto nunha contorna rural

como nunha urbana… este libro é para ti. Desfrutarás das historias que xiran ao redor destas 7 herbas máxicas, 7 panaceas do mundo vexetal: a melisa, a herba

luísa, o romeu, o sabugueiro, o ourego, a salvia e o áloe vera. Poderaste achegar ás súas propiedades e usos máis estendidos. E sobre todo, á súa aplicación práctica moi fácil. Poderás descubrir por ti mesmo todo o potencial que as plantas gardan para ti. Este é un libro apetecible, agradable de ver e de ler e, asemade, moi útil. Ademais de numerosos trucos herbais, levarás cinco preparados moi doados. Se tiñas dúbidas sobre como iniciarte no uso das plantas que te rodean para o teu coidado, acabas de coller o libro perfecto para empezar.

Entraranche as ganas de ir creando o teu propio balcón ou xardín de herbas para o teu benestar e de realizar os teus propios remedios naturais ideais para o estilo de vida de hoxe en día.

É unha obra que nace da conxunción do amor pola ilustración, pola arte de Nanda, e do amor polas plantas medicinais de Rosalía. Agardamos que sexa do teu proveito.

9788418966170
1 Artículo
Comentarios (0)
No hay reseñas de clientes en este momento.