Poetízate
  • Poetízate

Poetízate

13,50 €
Impuestos incluidos 7
Alonso, Fran
Cantidad
No disponible en stock

 

Security policy (edit with Customer reassurance module)

 

Delivery policy (edit with Customer reassurance module)

 

Return policy (edit with Customer reassurance module)

Antoloxía da poesía galega

A POESIA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para falar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a poesía. Así que, xa o sabes: poetízate. Espírito e contidos do libro Poetízate -que consta do propio corpus poético, un limiar e unha «visita guiada» a xeito de epílogo- é obra do escritor Fran Alonso e nace coa vocación de levar a poesía ás aulas dun xeito desenfadado e buscando sempre a complicidade e a proximidade co lector ou lectora adolescente. O corpus de «Poetízate» percorre toda a poesía galega desde Rosalía de Castro até a actualidade e consta de arredor de 200 poemas seleccionados de perto de 80 autoras e autores.

Xerais
9788499142500
Comentarios (0)
No hay reseñas de clientes en este momento.