

Security policy (edit with Customer reassurance module)
Delivery policy (edit with Customer reassurance module)
Return policy (edit with Customer reassurance module)
Despois de ?Un dous tres, que ves?? e ?Un dous tres, vampiro ti es? Nadia Budde preséntanos unha nova proposta repleta de situacións disparatadas, xogos de palabras e rimas delirantes. Nesta ocasión, son os personaxes e obxectos asociados ao Nadal en diferentes culturas os protagonistas dos seus versos encadeados e cheos de ritmo: abetos, renos, elfos, bonecos de mazapán, Quebranoces, Papá Noel, os Reis Magos... Un álbum de singular formato que nos proporcionará diversión e aprendizaxe. Unha proposta para ?cantar e contar? que axudará a desenvolver a imaxinación e a capacidade de comunicarse para prelectores e primeiros lectores.