

Security policy (edit with Customer reassurance module)
Delivery policy (edit with Customer reassurance module)
Return policy (edit with Customer reassurance module)
Historia ilustrada das artistas da Bauhaus
Unha escola que, nos seus menos de vinte anos de existencia, conseguiu marcar un antes e un despois en todas as disciplinas da arte: arquitectura, pintura, escultura, deseño de mobles, xoias, roupa... influíndo a xeracións de profesionais de todo o mundo e dos máis diversos campos relacionados coa creatividade. No entanto, tivo que facer fronte á crúa realidade e á oposición dunha sociedade que, malia que moi aberta na teoría, opúxose ao ver aquelas ideas levadas á práctica. Se alguén sufriu en maior medida o menosprezo dos seus conxéneres e os prexuízos do fracaso, foron as mulleres artistas que encheron coa súa vitalidade e talento a escola. Como en todas as historias, hai partes que chegaron aos nosos días e outras que se ocultaron. Neste libro tentamos dar conta de todas elas e destacar aquelas protagonistas que quedaran relegadas a un anonimato forzoso. Womanhaus é a nosa homenaxe a elas.