Ars numérica
  • Ars numérica

Ars numérica

14,00 €
Impuestos incluidos
ANTÓN FERNÁNDEZ DE ROTA
Cantidad
Últimas unidades en stock

 

Security policy (edit with Customer reassurance module)

 

Delivery policy (edit with Customer reassurance module)

 

Return policy (edit with Customer reassurance module)

Unha antropoloxía do capital ou máis precisamente unha aposta por descifrar a esencia do capitalismo, na que o humano devén en tanto que suxeito e obxecto dos procesos económicos e tecnolóxicos. Esta é a tarefa a contracorrente que asume Ars numerica. Ao longo de dous séculos a crítica mantivose ancorada. Unha e outra vez tentou desvelar os segredos do capitalismo partindo da análise da forma-mercadoria.

Mais, que acontecería se o capitalismo fose pensado xa non a partir da mercadoría, senón do propio elemento que lle dá nome ?. Este ensaio cruza a análise de Foucault, emprendida en Les mots et les choses ( As palabras e as cousas), coa crítica do valor. Leva até o presente a arqueoloxía do ser humano no seu dicir, facer e vivir, na linguaxe e na escritura, no traballo e no capital, na súa vida biolóxica e biográfica, para chegar a unha conclusión polémica. Circa 1800 xurdiron como preocuparcións coetáneas a inquietude pola chamada << Morte do Home >> e a pregunta polo capitalismo. Tras diagnosticar a forma do ánthropos que vén logo daquela defunción, Antón Fernández de Rota mostra como as mutacións antropolóxicas, xunto caos técnicas e económicas, derón forma a un tipo de humano que é en por si un capital vivo. O ensaio podería terse tituladoi << Programar e acreditar>>, pois estas son as dúas técnicas fundamentais para o goberno diso que só neste momento histórico merece chamarse capitalismo; posto que unicamente agora se organiza a partir do capital tanto a nivel sistémico como subxetivo. De ahí que non haxa que buscar orixes moi afastadas. O capitalismo é o que vén despois da recente << Morte do Home >>. Somos contemporáneos do seu nacemento.

Axouxere
9788494855399
1 Artículo
Comentarios (0)
No hay reseñas de clientes en este momento.