Monstr3s
  • Monstr3s

Monstr3s

15,90 €
Impuestos incluidos
Cantidad
Últimas unidades en stock

 

Security policy (edit with Customer reassurance module)

 

Delivery policy (edit with Customer reassurance module)

 

Return policy (edit with Customer reassurance module)

Chega a hora de durmir e o pequeno pide deixar a luz acesa porque ten medo do mostro de debaixo da cama. Coma nun teatriño, a lectora vai descubrindo que nese cuarto habitan tres criaturas diferentes, e goza de saber que ningunha sabe da existencia das outras. De forma divertida e emocionate, este conto, a modo de kamishibai, móstranos como as criaturas se atopan, se asustan e se reconcilian, mentres o escenario vai cambiando e se vai ordenando e desordeando en función do estado anímico dos personaxes. Ten un final con moitas posibilidades que fará gozar a lectoras e mediadoras da lectura, que non podemos desvelar nesta sinopse porque tedes que ler este libro.

Monstr3s é un libro cun formato innovador, que semella unha peza de teatro ou unha pelicula antiga, cunha presentación minimalista pero ao tempo, cheo de chiscadelas para o ollo que quere observar.

Estamos moi orgullosas deste traballo no que Óscar Villán, o ilustrador, soubo reflectir unha narrativa complexa, pois son tres universos diferentes no mesmo escenario, ilustrados de forma elegante e extremadamente creativa.

A engranaxe entre texto e imaxe, entre o que pasa e o que se di, é moi delicada neste álbume, que pretende beber da natureza propio do libro do libro álbume e xerar unha narrativa nova que xorde da mestura das linguaxes verbal, icónica e paratextual.

9788494634154
1 Artículo
Comentarios (0)
No hay reseñas de clientes en este momento.