A viaxe de mamá
Security policy (edit with Customer reassurance module)
Delivery policy (edit with Customer reassurance module)
Return policy (edit with Customer reassurance module)
Tralo éxito de "Mamá" (VI Premio Internacional Compostela
de Álbum Ilustrado), Mariana Ruiz Johnson preséntanos
neste novo álbum a experiencia dunha nai que ten
que ausentarse durante un tempo do fogar por motivos laborais.
"A viaxe de mamá" abarca todo o proceso: a preparación
da equipaxe, a despedida no aeroporto, os cambios na rutina
doméstica, a comunicación a distancia grazas aos avances
da tecnoloxía e o retorno á casa. A través dun sinxelo relato
en primeira persoa, asistimos á evolución nas emocións
do fillo pequeno, que pasa de extrañar a presenza, a voz
e mesmo o arrecendo da súa nai, a descubrir o día a día
na compaña do pai.