Río Miño
  • Río Miño

Río Miño

18,00 €
Impuestos incluidos 7
XESÚS FRAGA
Cantidad
No disponible en stock

 

Security policy (edit with Customer reassurance module)

 

Delivery policy (edit with Customer reassurance module)

 

Return policy (edit with Customer reassurance module)

Durante seis meses, entre os solsticios de inverno e de verán, Xesús Fraga percorreu o curso do río Miño, dende o seu nacemento no Pedregal de Irimia, na serra de Meira, ata a súa desembocadura no océano Atlántico, cruzando tres das catro provincias do país e a beira norte de Portugal. Nesta viaxe natural e contemplativa, narrada con concisión e enxeño, o narrador convídanos a acompañalo polo fluxo dos regatos do río primordial de Galicia, pero tamén polas terras que o abranguen, como a Terra Chá, Lugo,Paradela, a Ribeira Sacra, Os Peares, Ourense ou Castrelo de Miño.

Mesturando un estilo tan lírico como documentado, a narración de Fraga non se limita á dimensión natural do Miño, senón que inclúe o histórico,cultural e sentimental, irmandando escenarios, paisaxes, voces e testemuños únicos, e reflexionando sobre o pasado, presente e futuro tanto do río como do noso país.

Río Miño. Unha viaxe entre solsticios é tanto un redescubrimento da «columna vertebral, física e simbólica de Galicia» como unha evocación sobresaínte da paisaxe que convida á reflexión.

Esta obra foi recoñecida co XVIII Premio Eurostars de Narrativa de Viaxes.

Kalandraka
9788419213488
Comentarios (0)
No hay reseñas de clientes en este momento.