
Security policy (edit with Customer reassurance module)
Delivery policy (edit with Customer reassurance module)
Return policy (edit with Customer reassurance module)
Onni Rellonen, un home de negocios golpeado pola vida, e o coronel Hermanni Kemppainen, oficial frustrado, atópanse nunha vella pallota, ambos co mesmo propósito de suicidarse. Tras o estraño encontro deciden levar a cabo un plan: xuntar todas as persoas do país que están pensando en suicidarse e pasar os seus últimos días no grupo axeitado. Paasilinna trata a sombría cuestión do suicidio co seu inconfundible sentido do humor, para amosarnos que, malia todo, a vida sempre paga a pena.