As escumas da letra  Biobibliografia de Luísa Vill
  • As escumas da letra  Biobibliografia de Luísa Vill

As escumas da letra. Biobibliografia de Luísa Vill

20,00 €
Impuestos incluidos
ESPERANZA L. MARIÑO DAVILA
Cantidad
Últimas unidades en stock

 

Security policy (edit with Customer reassurance module)

 

Delivery policy (edit with Customer reassurance module)

 

Return policy (edit with Customer reassurance module)

As escumas da letra. Biobibliografia de Luísa Villalta

A teor do subtítulo do libro, na biografía, con sólidas raíces na cidade da Coruña e na súa prolongación atlántica, pódese percibir a evolución da escritora, a configuración da personalidade xunto coa forxa do compromiso social e político, nun vencello particular coa lingua e a literatura, mais tamén co ensino público e sempre con Galiza. Nunha liña de coherencia absoluta entre vida e obra, o volume componse de dúas partes, pois os aspectos biográficos compleméntanse co estudo da extensa obra literaria.

Segundo unha cita textual da autora Esperanza Mariño, o feito de ser Luísa Villalta unha “escritora polifacética que desenvolveu os catro xéneros literarios -poesía, narrativa, teatro e ensaio- xunto coa tradución e o xornalismo sendo, ademais, prolífica, con certeza constitúe algo pouco habitual no mundo literario. Cómpre salientar unha faceta minimizada, como a do exercicio da crítica literaria que, a pesar de ter sido menos practicada, nela demostrou unha agudeza e precisión pouco usuais. Sen esquecer tampouco a cooperación na elaboración de manuais didácticos para o ensino secundario. As editoriais nas que publicou foron moi diversas, pero sempre se caracterizaron polo compromiso coa lingua e cultura galegas. Relacionado co anterior, estivo pronta a colaborar en publicacións periódicas ou volumes colectivos e mesmo en revistas en liña”.

En conclusión, o estudo pormenorizado e global garante unha imaxe fidedigna e completa de Luísa Villalta, como ser humano e como artista, do mesmo xeito que corrobora a súa importancia para a lingua e literatura galegas e, por extensión, para a cultura, alicerzada na escolla para o Día das Letras de 2024.

9788499954431
1 Artículo
Comentarios (0)
No hay reseñas de clientes en este momento.