
Security policy (edit with Customer reassurance module)
Delivery policy (edit with Customer reassurance module)
Return policy (edit with Customer reassurance module)
Tomás era un neno moi traste ao que lle encantaba
agocharse e disfrazarse cando viñan visitas á casa.
Un día veu comer unha amiga da súa nai, que vivía en Francia.
Tomás correu ao faiado, cunha manta e un pouco de fío
fixo un disfrace de crocodilo. E cando abriu a porta…
“Tomás o bromista” reúne todos os ingredientes para gustarlle
ao público infantil, invitándoo a que se involucre e sexa partícipe
do relato: é un texto narrativo aderezado con rimas, repeticións
e fórmulas acumulativas; e sobre todo, o humor, as sorpresas
e a creatividade están presentes de principio a fin.