

Security policy (edit with Customer reassurance module)
Delivery policy (edit with Customer reassurance module)
Return policy (edit with Customer reassurance module)
As seis pezas reunidas neste libro son froito de diversos proxectos realizados por Amantia Coello cos grupos que traballou, nos últimos anos, e se ben foron creados coa xuventude, non teñen idade. Cada obra lévanos a unha atmosfera única, na que se propoñen temáticas que conectan a nasa realidade coa fantasía, os dereitos humanos, a memoria, a perspectiva de xénero, o pensamento crítico, o humor, a creatividade..., mesturando o plano artiístico co educativo, para regalía de quen queira construír a través do teatro.
Unha viaxe dos distópicos escenarios de Reset dominados polas tecnoloxías nunha civilización feita anacos, aos mundo mitolóxicos da tradición galega abrazados en Lendatarias ou a unha nova achega aos clásicos mitos gregos de Rapsodia de Elas, pasando a revirar contos en Unha de Contos Descontados, para acto seguido achegarnos a catro grandes autoras galegas en Escolma para 4, e chegando ao atrevido Enclave D.X., descubrindo outras perspectivas xogando a cambiar os por as.