

Security policy (edit with Customer reassurance module)
Delivery policy (edit with Customer reassurance module)
Return policy (edit with Customer reassurance module)
Unha das obras imprescindibles de Anthony Browne, un álbum tenro e con doses de humor sobre o valor da amizade e a solidariedade. En 1974, Koko, unha gorila adestrada na Universidade de Standford para usar a lingua de sinais, pediulles un gato aos científicos que a observaban e coidou del coma se fose o seu fillo. Uns meses despois o gato desapareceu e durante varios días Koko expresou a súa tristura a través de sinais. Este feito, que provocou a discusión sobre se outras especies poden sentir emocións humanas, serviulle de inspiración a Anthony Browne para a creación dunha das súas obras máis coñecidas. En Cousiña Linda, como o caso real, un gorila que sabe comunicarse por sinais, e ten todo o que desexa, séntese só e decide pedirlles aos seus coidadores un pouco de compañía. Así coñece a Linda, unha gatiña coa que toma leite e mel, pasea, xoga... Xuntos son felices, mais unha noite, mentres ven unha película, o gorila ponse moi nervioso, enfurécese, e os seus coidadores deciden separalos. Nese momento, Linda mira para o gorila e na súa reacción revélase o verdadeiro valor da amizade. Anthony Browne sente unha gran paixón polos gorilas, e esa fascinación, que xorde do contraste entre a forza e a tenrura destes animais, reflíctese en boa parte da súa obra. Nas coloridas ilustracións deste álbum, combina elementos realistas cun toque de fantasía e humor, dando vida a dous entrañables personaxes.