

Security policy (edit with Customer reassurance module)
Delivery policy (edit with Customer reassurance module)
Return policy (edit with Customer reassurance module)
De entre os escritores ingleses do século XIX, Óscar Wilde é, sen dúbida, un dos máis populares. E de todas as súas comedias a máis celebrada e a máis representada é, tamén sen dúbida, A importancia de chamarse Ernesto.
Esta obra tiña en principio catro actos, pero un famoso actor que ía facer un dos papeis principais pediu a Wilde que a fixera algo más breve, cousa á que este accedeu. Quedou reducida a tres actos e así foi publicada e posta en escena. O texto primitivo non foi coñecido ata 1948, cando un fillo de Wilde fixo chegar o manuscrito a unha editorial que quería publicar as obras completas do seu pai. A versión que aquí se presenta é a abreviada, ó noso xuízo máis áxil e lixeira que a inicial.