
Security policy (edit with Customer reassurance module)
Delivery policy (edit with Customer reassurance module)
Return policy (edit with Customer reassurance module)
Moitas das vilas nas que vivimos hoxe naceron na Idade Media e case todas estaban amuralladas, para defender a veciñanza dos bandidos. As casas eran pequenas e moitas tiñan no baixo obradoiros: zapatarías, xastrarías, ferrarías, fornos etc. Os artesáns e os campesiños vendían os seus produtos na feira que se celebraba na praza principal, onde o pregoeiro se encargaba de dar as noticias, porque non había tele nin internet e case ninguén sabía ler.